3 jul 2014
30 jun 2014
8 jul 2013
Olimpíadas de Peñas 2013: ¿De que vai o conto?
¿Qué é iso das Olimpíadas de Peñas?
Pois é a troula máis grande que se teña inventado en toda a volta. Unha semana chea de competicións como a Canción de Tasca, o Brilé ou o Tunning de Carretillas; e ten o formato duns xogos olímpicos, con podium e medallas de ouro, prata e bronce para os mellores de cada proba.¿Como se participa?
Só tes que estar presente no lugar da proba media hora antes do seu comezo para facer a inscrición. A peña que organice cada proba poderá resolver as túas dúbidas sobre o regulamento.¿Hai que pagar algo?
Nadiña, tódalas probas son de balde agás a primeira (Ránking das Rondas) e a derradeira (Campionato de Chinchimoni) nas que cada participante pon 1 €.¿Se non teño peña podo participar?
Si, nalgunhas probas como o Ránking das Rondas, a Pesca de Munxe Radiactivo, o Lanzamento de Rizón ou o Campionato de Chinchimonin a inscrición pode ser individual ou por parellas. Noutras, sen embargo, compítese por equipos. Pero podes facer o teu e apuntalo como peña en calquera momento das olimpíadas.¿Cando comezan e cando rematan as olimpíadas?
Comezan o venres 12 ás 20:00 coa Cerimonia de Inauguración e rematan o sábado 20 ás 21:00 coa Cerimonia de Clausura.¿Que premios hai?
Ao final de cada proba celébrase a cerimonia de entrega de medallas de ouro, prata e bronce. Ademais, este ano haberá dúas probas premiadas con aproximadamente 400 caralleuros cada unha: a Canción de Tasca e o Tunning de Carretillas. ¿Por que esas? Pois porque queremos premiar a creatividade e continuar abraiando ao mundo enteiro co que somos quen de argallar.6 jul 2013
Olimpíadas de Peñas 2013: O programa
¡Xa están aquí! ¡Xa chegaron un ano máis! ¡Xa non queda nada para frender o facho! Benquerida carallería, este é o calendario olímpico:
- VENRES 12 DE XULLO:
- 20:00 - Cerimonia de Inauguración, co percorrido do facho olímpico desde A Jarabeta ata O Trope (como mandan os cánones rondísticos pulpeiros).
- 22:00 - XVIII Ránking das Rondas [zona do Casino Mugardés]
- SÁBADO 13 DE XULLO
- 13:00 - Canción de Tasca, [zona da Casa do Reloxo].
- DOMINGO 14 DE XULLO
- 17:30 - Comedores de Cachelos [zona Club do Mar]
- 19:00 - Pesca de Munxe Radiactivo [peirao]
- LUNS 15 DE XULLO
- 18:30 - Tirachinas [zona Parque do Cotellón]
- 20:00 - Xogo da Rá [zona Parque do Cotellón]
- MARTES 16 DE XULLO
- 19:00 - Campionato de Brilé [Praia da Bestarruza]
- 19:00 - Lanzamento de Rizón [Praia da Bestarruza]
- MÉRCORES 17 DE XULLO
- 19:30 - Carreira de Ovos [A Pedreira]
- 20:30 - Open do Montón [A Pedreira]
- XOVES 18 DE XULLO
- 20:00 - Tunning de Carretillas [zona Igrexa]
- 20:30 - Subida de Carretillas [zona Igrexa]
- VENRES 19 DE XULLO
- 21:00 - Campionato de Chinchimoni [zona Quiosco Loly]
- SÁBADO 20 DE XULLO
- 21:00 - Cerimonia de Clausura [desde O Trope ata A Jarabeta]
¡Saúde e festa!
29 jun 2013
Presentación de «Tastarabás», a Enciclopedia de Brinquedos Tradicionais de Antón Cortizas
Benquerida carallería,
á Comisión de Caralladas préstalle infinitamente anunciarvos a presentación en Mugardos de Tastarabás, a "Enciclopedia de Brinquedos Tradicionais" que a Editorial Xerais ven de publicar por obra dun home ben coñecido e ben querido por terras mugardesas: Antón Cortizas. Será este venres 5, desde as 19:30, no Salón de Plenos do Concello de Mugardos.
Os xogos populares e o pobo serán o centro de gravidade dunha viaxe nostálxica polo tempo, dende ben antigo ata os nosos días, onde algúns pasaron xa a acadar categoría olímpica ;)
Saúde e xogo!
19 feb 2012
A liga dos pinchos
Este luns chega a terceira edición da "Liga dos Pinchos" (antes coñecida como "Pinchos de Nai") onde calquera de vós poderá participar preparando unha ducia de pinchos e presentándoos ao concurso de cata pública, onde cada persoa pode ser árbitro dun "partido" gastronómico para decidir quen gaña o título ligueiro.
Para participar
- Prepara unha bandexa con 12 pinchos iguais.
- Preséntate na Cervecería El Malecón o luns 20 entre as 21:00 e as 21:30 coa bandexa tapada.
- Enfróntate aos demais pinchos participantes.
- Proclámate campión/a e gaña 7 noites de hotel!!!!
Para comer os pinchos
- Pásate pola Cervecería El Malecón o luns 20 de febreiro a partires das 21:30.
- Pide coas túas consumicións un pratiño de pinchos (1 pratiño = 2 pinchos = 1 €).
- Decide cal dos dous pinchos che gustou máis votando por el.
- Sigue pedindo pratiños ata apañar unha indixestión.
¡Saúde, festa e bo proveito!
Clasificación final
18 feb 2012
Mugardos noventeirízase
Benquerida carallería,
desde o comezo dos tempos un dos grandes anceios da humanidade (vale, quitando o de voar) foi o de poder corrixir os erros cometidos no pasado. A ciencia, empero, insistiu teimuda na súa imposibilidade, comandada por ese grande teimudo en negar a realidade que era Albert Einstein. Hoxe, sen embargo, podemos confirmarlle ao Mundo que as viaxes non só son posibles, senón que xa se teñen dado os saltos temporais ¡cara atrás!
Efectivamente, hai dous anos un furado negro absorvía a vila de Mugardos enteiriña trasladándoa de súpeto á decada dos oitenta: Tino Casal, Tina Turner, os "V"isitantes, Eva Nasarre, Leroy Johnson e as bailarinas de Fama, Siniestro Total, Madonna, Annie Lenox e un longo etcétera aterraron de súpeto nesta vila pulpeira para abraio e apaixoamento da xente máis nostálxica. Foi, sen dúbida, in día histórico Mugardos e para a metafísica.
Hoxe, dous anos despois daquela oitenteirada, turbulencias espazo-temporais anuncian unha nova interrupción da liña cronolóxica e un chimpo dunha potencia tal que fará retroceder a este mesmo curruncho do epicentro terrestre chamado Mugardos ata a era das Spice Girls, Scatman John, Songoku e o Xabarín Club, Paco Pil, Technotronic, MC Hammer, Backstreet Boys, Nirvana, Bebeto, Djukic ou Miguel Indurain. Agardamos por vós nos anos 90.
¡Saúde, festa e moita metafísica!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)





