Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas

19 feb 2012

A liga dos pinchos


Este luns chega a terceira edición da "Liga dos Pinchos" (antes coñecida como "Pinchos de Nai") onde calquera de vós poderá participar preparando unha ducia de pinchos e presentándoos ao concurso de cata pública, onde cada persoa pode ser árbitro dun "partido" gastronómico para decidir quen gaña o título ligueiro.

Para participar

  1. Prepara unha bandexa con 12 pinchos iguais.
  2. Preséntate na Cervecería El Malecón o luns 20 entre as 21:00 e as 21:30 coa bandexa tapada.
  3. Enfróntate aos demais pinchos participantes.
  4. Proclámate campión/a e gaña 7 noites de hotel!!!!

Para comer os pinchos

  1. Pásate pola Cervecería El Malecón o luns 20 de febreiro a partires das 21:30.
  2. Pide coas túas consumicións un pratiño de pinchos (1 pratiño = 2 pinchos = 1 €).
  3. Decide cal dos dous pinchos che gustou máis votando por el.
  4. Sigue pedindo pratiños ata apañar unha indixestión.

¡Saúde, festa e bo proveito!

Clasificación final





18 feb 2012

Mugardos noventeirízase



Benquerida carallería,

desde o comezo dos tempos un dos grandes anceios da humanidade (vale, quitando o de voar) foi o de poder corrixir os erros cometidos no pasado. A ciencia, empero, insistiu teimuda na súa imposibilidade, comandada por ese grande teimudo en negar a realidade que era Albert Einstein. Hoxe, sen embargo, podemos confirmarlle ao Mundo que as viaxes non só son posibles, senón que xa se teñen dado os saltos temporais ¡cara atrás!

Efectivamente, hai dous anos un furado negro absorvía a vila de Mugardos enteiriña trasladándoa de súpeto á decada dos oitenta: Tino Casal, Tina Turner, os "V"isitantes, Eva Nasarre, Leroy Johnson e as bailarinas de Fama, Siniestro Total, Madonna, Annie Lenox e un longo etcétera aterraron de súpeto nesta vila pulpeira para abraio e apaixoamento da xente máis nostálxica. Foi, sen dúbida, in día histórico Mugardos e para a metafísica.

Hoxe, dous anos despois daquela oitenteirada, turbulencias espazo-temporais anuncian unha nova interrupción da liña cronolóxica e un chimpo dunha potencia tal que fará retroceder a este mesmo curruncho do epicentro terrestre chamado Mugardos ata a era das Spice Girls, Scatman John, Songoku e o Xabarín Club, Paco Pil, Technotronic, MC Hammer, Backstreet Boys, Nirvana, Bebeto, Djukic ou Miguel Indurain. Agardamos por vós nos anos 90.

¡Saúde, festa e moita metafísica!