18 feb 2012

Mugardos noventeirízase



Benquerida carallería,

desde o comezo dos tempos un dos grandes anceios da humanidade (vale, quitando o de voar) foi o de poder corrixir os erros cometidos no pasado. A ciencia, empero, insistiu teimuda na súa imposibilidade, comandada por ese grande teimudo en negar a realidade que era Albert Einstein. Hoxe, sen embargo, podemos confirmarlle ao Mundo que as viaxes non só son posibles, senón que xa se teñen dado os saltos temporais ¡cara atrás!

Efectivamente, hai dous anos un furado negro absorvía a vila de Mugardos enteiriña trasladándoa de súpeto á decada dos oitenta: Tino Casal, Tina Turner, os "V"isitantes, Eva Nasarre, Leroy Johnson e as bailarinas de Fama, Siniestro Total, Madonna, Annie Lenox e un longo etcétera aterraron de súpeto nesta vila pulpeira para abraio e apaixoamento da xente máis nostálxica. Foi, sen dúbida, in día histórico Mugardos e para a metafísica.

Hoxe, dous anos despois daquela oitenteirada, turbulencias espazo-temporais anuncian unha nova interrupción da liña cronolóxica e un chimpo dunha potencia tal que fará retroceder a este mesmo curruncho do epicentro terrestre chamado Mugardos ata a era das Spice Girls, Scatman John, Songoku e o Xabarín Club, Paco Pil, Technotronic, MC Hammer, Backstreet Boys, Nirvana, Bebeto, Djukic ou Miguel Indurain. Agardamos por vós nos anos 90.

¡Saúde, festa e moita metafísica!

No hay comentarios:

Publicar un comentario